21/1/08

Unha pizarra dixital interactiva a 60€?

Participan nesta bitácora moitos dos mellores creadores de software e recursos educativos de Galicia. Pero aínda quedan outros moitos que procuraremos coñecer.
¿que vos parece este para empezar?

Jose Manuel Bouzán: mestre en Palmeira, no CEIP de Palmeira, un colexio punteiro en moitos ámbitos desde hai anos. Pois ben, a web do colexio de Palmeira (premiada no seu día co primeiro premio ás webs de centros) é un sitio cheo de magníficos recursos para o traballo docente. Nesta web, atoparedes - entre outras cousas - o museo virtual, o proxecto de medio ambiente, e por suposto, poderedes entrar na casa do "rato paco", onde atoparedes cadernos e actividades por áreas e etapas. Todo un mundo de recursos.

Os máis destes recursos están elaborados co programa ARDORA. Esta é unha aplicación creada por Bouzán e disponible e gratuíta na rede.

Semella suficiente, pois non é. Porque o amigo Bouzán aínda nos quixo sorprender un chisco máis. Agora, o equipo de novas tecnoloxías do cole artellou a montaxe de pizarras dixitais interactivas en todas as aulas do centro, en calquera soporte (paredes, pantallas de proxección, mesmo nunha mesa)... cun custo aproximado de ... 60€ cada unha!

Din que ninguén é profeta na súa terra. Pois non deixemos que sexa verdade en Galicia.

Parabéns amigo Bouzán e non deixes de sorprendernos.

Visita a páxina do colexio: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/
Crea recursos con ARDORA; http://www.webardora.net/

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Como se fai iso?

¿Non estarán pirateando unha Wii (güi)?

Pacodíaz dijo...

non. So utilizan o mando desa consola. Na web de Palmeira teñen unha explicación detallada do proceso que pode facer calquera.
Interesantísimo, non é?

Anónimo dijo...

Realmente é un invento de Johnny Chung Lee http://www.youtube.com/watch?v=5s5EvhHy7eQ e como ben dí Paco tan só precisamos dun canón, un mando da wii e un punteiro (vale un deses láser que venden nas tendas dos chineses ou similar). Ten incluso ventaxas sobre as PDIs que temos nos centros pois ata catro nenos distintos poden facer cousas distintas nela á vez, cando as de membrana tan só permiten atender un punto.

Anónimo dijo...

danos el dinero de las pizarras . molan , niños de quinto

Anónimo dijo...

preguntanos para ver quienes somos -ceip de palmeira-