25/1/08

Isaac, amigo, o pobo está contigo!


Isaac resiste... e quen resiste, gaña!

Así como salientamos os premios e recoñecemos as innovacións que desenvolven os nosos profes, hoxe gustaríame sinalar dun modo moi especial o traballo e esforzo dun deles.
Velaí o tendes (ollade o vídeo) ao pé do canón, como todos estes días. Loitando xunto a Isaac Díaz Pardo, por él, polo seu legado cultural histórico, pola nosa cultura e quizais por defender unha causa xusta, non máis nin menos.
Este calvario arrepiante que transita o vello Isaac semella unha metáfora triste: David contra Goliat; trae á miña memoria aquel rapaz chinés, miúdo en pé, só, fronte á ringleira xigante de máquinas militares, na praza de Tiananmen (unha imaxe histórica inesquecibel). Isaac Díaz Pardo amosa unha magnífica forza interior, unha fera capacidade de loita, e neste caso, o inimigo é tamén xigante, inmenso, unha ringleira de enormes máquinas de destrucción: a cobiza, a ignorancia, a ruindade, a traizón, mesmo a cobardía...


Son tempos de xestos. Algúns son quen de dar un paso adiante.

Parabéns Sechu.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Adiante Isaac, sempre contigo!.