3/11/08

Non falo o galego porque non o sei falar ben...



Se cadra é cousa de probar. A ver como vai...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro que é posíbel. Quen queira "vivir" máis en galego porque é de fóra ou é galeg@ pero quere escoitalo acotío porque ao seu redor non é a lingua habitual pode botar man do Voluntariado lingüístico: http://www.valingua.org/ga/web/notic.php?idc=1

E para crear plataformas de intercambio de recursos ou grupos de traballo (como se apuntaron tamén neste blogue) dentro dun mesmo centro educativo hai algunha plataforma como as wiki que son fáciles de montar. No noso centro temos a seguinte:

http://donaurelio.wikispaces.com/

E de aí naceron en poucas semanas máis proxectos (tamén o meu, algo verde de momento):

http://cadernodelingua.wordpress.com/

Pacodíaz dijo...

Direiche que eu non vexo tan verde o teu cadernodelingua. En cambio atopeino moi interesante. Tanto que acordei que non temos nesta bitácora un lugar para as vosas creacións e, ímolo ter.
Grazas Román.

Eu dijo...

Penso que esta xente ten moito máis dereito de ser galegos se así o desexan que moitos dos galegos que aquí viven falando castelán. Non é que me importe, é máis, non son moi nacionalista nin nada diso, o que pasa é que me enche de carraxe que algún castelán falante diga "Que orgulloso me siento de ser gallego, es que tenemos lo mas bonito de todo, aquí todo es verde, y somos muy buena gente". Pois se tan orgulloso te sintes emprega a túa lingua que é a túa cultura, e a que empregaban teus avós, e non me poñas de excusa "es que a mi me educaron así", porque neste vídeo vese que iso non ten case nada que ver... e estas persoas de aquí que se sinten galegas teñen moitas menos dificultades para aprender o galego e falalo que os de fora. Queda dito.