18/11/08

Recursos para a atención ao alumnado inmigrante

Topei na web de contidos este dicionario visual, moi intuitivo, agradable e sinxelo. Coido que podería ser unha ferramenta, un recurso para achegar á lingua a nenos e nenas que non a coñezan. Semella de moito interese ir preparando recursos para a atención lingüística do alumnado non galegófono "en galego".
Resulta que, por defecto, escollemos a lingua castelá como lingua primeira e, no caso do ámbito educativo, isto non é o máis adecuado. Ás veces por costume, non sempre a causa de prexuizos lingüísticos. Ás veces pode ser por unha sinxela cuestión de recursos.
Pois imos traballar para que isto non suceda. Velaí vai un! o dicionario visual interactivo!
Está moi ben.
Se coñeces máis recursos para a atención ao alumnado que non coñece o galego, coméntanolo que os publicamos de contado.

1 comentario:

Xosé Antón dijo...

Xa está a versión de este diccionario interactivo en inglés. Presentárono nas xornadas PALE da semana pasada.