Esta fin de semana celebráronse en Compostela, na Facultade de Educación, as IV Xornadas sobre Recursos educativos en galego. Especialmente adicadas este ano ao bacharelato. A organización desta actividade quixo invitarme a facer unha pequena comunicación. Velaí vos deixo a presentación que utilicei.
19/12/11
Recursos educativos en galego
http://www.usc.es/fcce/bacharelato_2011.pdf
Publicado por
Pacodíaz
ás
00:51
20/10/10
Aprender facendo
As linguas, como o resto dos saberes, das capacidades, das actitudes... aprendémolas no uso. Queres ensinar a ler, a escribir, a conversar? Procura que o teu alumnado lea, escriba e converse.Semella un conto de Perogrullo!
Seica hai cousas que damos por feitas; ás veces son as máis importantes de todas.
Publicado por
Pacodíaz
ás
11:40
01/06/10
En galego tamén se fai ciencia
Este vídeo pertence a unha campaña moi interesante. Na web da mesma tes máis información sobre os personaxes que nel falan. Son profesoras e profesores universitarios do ámbito científico e de universidades europeas e mesmo dos EEUU.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
O que me resulta especialmente suxestivo é a naturalidade e a tranquilidade que amosan as súas palabras. Para elas e para eles, que traballan no máis alto nivel científico, as linguas supoñen unha riqueza e un valor para quen as coñece. Nunca un problema.Unha fermosa lección!
Publicado por
Pacodíaz
ás
10:49
25/01/10
24/01/10
14/10/09
Galego para o profesorado en prácticas
Velaí estamos de novo. A piques de comezar os cursos de galego para o profesorado que está a realizar a súa fase de prácticas neste curso. Noraboa a todos e a todas.
Desde esta bitácora, que naceu como ferramenta de apoio para estas actividades, seguiremos a incorporar todo canto nos parezca de interese en dúas liñas fundamentais:
- Facilitar o uso do galego no ensino (de todas as áreas e materias)
- Fornecer de recursos para o ensino en lingua galega (especialmente os recursos on-line)
Falaremos destes asuntos nas vindeiras semanas.
Publicado por
Pacodíaz
ás
01:58
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


