6/12/07

Drawing for Children

Ola a todos os compañeiros e alumnos de este interesante curso. Unha vez máis invítovos a ver con calma a páxina que fixen para o cursiño pois pola premura de tempo non foi posible ver todo co detalle que pretendía. Como dixen durante as xornadas a idea é que se manteña pública durante polo menos dous anos con todas as melloras que sexamos quen de facer a partires de todo o que suxirades. Hoxe mesmo fixen un módulo co que podedes engadir máis imaxes vectoriais ao Drawing for Children (tede en conta que se a variades a ruta de instalación do programa C:\Archivos de programa\Drawing for Children , tamén tedes que variar a ruta de instalación do módulo).
Os novos temas de imaxes vectoriais que incluín son: Billetes de euro, Nadal, Alimentos, Verán, Flores, Celebracións e un novo cartafol de Animais.

3 comentarios:

Pacodíaz dijo...

Aí estás amigo toño
Xa te votabamos de menos.
Vai ser moi interesante esta rivalidade
drawingforchildren vs tuxpaint

continuará

benvido e grazas por acodir

follente dijo...

Rivalidade ningunha. Eu sigo preferindo o Tuxpaint para a Pizarra Dixital Interactiva e o Drawing cando os nenos están co seu ordenador e o rato.

Toño

Belén Junquera dijo...

Eu xa sabedes que son incondicional de TuxPaint sentados ou no EDI pero nunca rivalizaría co amigo TOÑO je je

Bicos