9/5/08
Letras galegas
Poema de X.M. Álvarez Blázquez, autor homenaxeado no día das letras deste ano 2008.
Atopeino nunha fantástica blogue: "O Recanto de Mik". Unha bitácora de animación e fomento da lectura dun colexio, o CEIP Mestres Goldar de Vigo. Magnífica, chea de contido interesante e moi dinámica.
Recomendo vivamente visitar este recanto de Mik. Boísima.
28/4/08
Letras galegas
A partires desta operación estará disponible nos vosos procesadores de texto este tipo de letra baseado en antigos textos escritos galegos.
Letras galegas...
24/4/08
Novo dicionario de galego on-line
Ir indo presenta un novo dicionario. É a versión on-line da súa obra lexicográfica, pioneira na recollida de todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003.
Foi presentado onte, día do libro e xa logo leva 3000 entradas.
Unha ferramenta para ter en conta.
29/2/08
Quen secuestrou o "Galicia Hoy"?

Hoxe, na edición dixital de El País, atopamos este magnífico artículo de Manuel Rivas.
Disque se non aprendemos da Historia, estaremos condeados a ver como se repite. Atentos á loita de Isaac Díaz Pardo e a este episodio de Historia repetida. Atentos ás aventuras e creacións galegas do exilio. Atentos á Historia para que non se reproduza.
27/2/08
NOVA VERSION DO FACIL EN GALEGO
Joaquim Fonoll, o autor da Factoria de Actividades Combinadas de Informática e Língua (FACIL), envíanos a ligazón á version 2.3 en galego (Febreiro) que agarda solucione os problemas atopados e simplifica a instalación.
FACIL
http://www.xtec.net/dnee/facil/gal/instal_facil2_gal.exe
Apertas, TADEGa.net
FACIL
http://www.xtec.net/dnee/facil/gal/instal_facil2_gal.exe
Apertas, TADEGa.net
8/2/08
Un dicionario moi especial

A tecnoloxía wiki é unha das propostas máis suxestivas na actualidade. Xa son referencia obrigada as diversas enciclopedias baseadas neste soporte colaborativo e aberto. Proporciona contornas de participación ceibe e altruista de gran valor e máximos niveis de actualización.
Velaí tendes o Galizionario, un dicionario galego colaborativo e gratuíto de significados, etimoloxías, pronuncias e citas. Ten arredor de tres anos de vida e conta xa cunhas 17000 entradas. Vai camiño de ser unha ferramenta moi útil.
Prestarache participar nalgunha entrada, non é? Imos deixar a nosa pegada, que non se diga!
7/2/08
Ferramentas lingüísticas para o galego

Muito interesante!
Software libre e lingua. Mancomun.org é unha web da que temos falado e que vencella á Consellería de industria coa de Educación nun proxecto realmente importante, o desenvolvemento de iniciativas que fomenten a inserción das novas tecnoloxías no mundo do ensino e, especialmente vencelladas á lingua galega mediante o uso de software aberto.
Pois ben, botade un ollo a esta listaxe de ferramentas para o uso do galego. Creo que hai moito material e ben interesante. Fixádevos nos proxectos de traducción de software libre (en proceso do que chaman "localización" a galego) no que podedes - e eu volo aconsello e vos animo - participar persoalmente. Estas son cousas do proxecto de "traducción colaborativa ENTRANS" do que falaremos de contado.
Ben por estas ferramentas. Imos ir utilizándoas e, a ver que tal van.
Investigación sobre as TICs no ensino en Galicia

Veño de recibir interesantes novas sobre un grupo de investigación da Universidade de Santiago que traballa sobre a integración das novas tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe. Semella unha tentativa de achegamento á escola por parte da Universidade, moito de agradecer.
Coordinados pola profesora Lourdes Montero e integrado por profesorado de diversos ámbitos e especialidades, semella interesante a súa tarefa. Mesmo veño de visitar a web que manteñen e na que se poden ver algunhas interesantes propostas tales como a aplicación squeak (con toda unha visión das TIC no ensino detrás) e a non menos interesante web de recursos variados que denominan Morea (aínda que todavía resulta difícil de acceder en galego, que é o asunto prioritario neste caso). Hai máis cousas e - sobre todo - hai comunidade de intereses polo que estaremos moi atentos ás súas creacións e aportacións.
Podedes visitar a web deste grupo Stellae. Semella ben encamiñado.
Rumbo a Bucarest: máis premios

Imos camiño de coñecer outro premio interesante para estes nosos profesores de galego e TICs. Esta vez é para Belén Junquera, que resultou finalista para un premio europeo, para proxectos e-twinning este ano. O seu proxecto, en lingua estranxeira, leva por título Kids h@nd in h@nd e resulta moi suxestivo.
Coido que estas propostas de irmanamentos escolares mediados por esta ferramenta chamada e-twinning poden resultar de interese tamén para o desenvolvemento de proxectos globais ou interdisciplinarios en lingua galega. Están pensados para o traballo internacional,co que a tendencia máis potente é a vehiculación mediante o inglés ou mesmo o castelán, francés, etc. pero non exclúe outras linguas.
Haberá que estudar esta ferramenta, outra máis.
E noraboa a Belén e moita sorte por Rumanía. Xa nos contará.
Máis sobre os proxectos e-twinnig
5/2/08
GOOGLE EN GALEGO (total!!)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
