7/2/08
Investigación sobre as TICs no ensino en Galicia
Veño de recibir interesantes novas sobre un grupo de investigación da Universidade de Santiago que traballa sobre a integración das novas tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe. Semella unha tentativa de achegamento á escola por parte da Universidade, moito de agradecer.
Coordinados pola profesora Lourdes Montero e integrado por profesorado de diversos ámbitos e especialidades, semella interesante a súa tarefa. Mesmo veño de visitar a web que manteñen e na que se poden ver algunhas interesantes propostas tales como a aplicación squeak (con toda unha visión das TIC no ensino detrás) e a non menos interesante web de recursos variados que denominan Morea (aínda que todavía resulta difícil de acceder en galego, que é o asunto prioritario neste caso). Hai máis cousas e - sobre todo - hai comunidade de intereses polo que estaremos moi atentos ás súas creacións e aportacións.
Podedes visitar a web deste grupo Stellae. Semella ben encamiñado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario