25/1/08
Isaac, amigo, o pobo está contigo!
Isaac resiste... e quen resiste, gaña!
Así como salientamos os premios e recoñecemos as innovacións que desenvolven os nosos profes, hoxe gustaríame sinalar dun modo moi especial o traballo e esforzo dun deles.
Velaí o tendes (ollade o vídeo) ao pé do canón, como todos estes días. Loitando xunto a Isaac Díaz Pardo, por él, polo seu legado cultural histórico, pola nosa cultura e quizais por defender unha causa xusta, non máis nin menos.
Este calvario arrepiante que transita o vello Isaac semella unha metáfora triste: David contra Goliat; trae á miña memoria aquel rapaz chinés, miúdo en pé, só, fronte á ringleira xigante de máquinas militares, na praza de Tiananmen (unha imaxe histórica inesquecibel). Isaac Díaz Pardo amosa unha magnífica forza interior, unha fera capacidade de loita, e neste caso, o inimigo é tamén xigante, inmenso, unha ringleira de enormes máquinas de destrucción: a cobiza, a ignorancia, a ruindade, a traizón, mesmo a cobardía...
Son tempos de xestos. Algúns son quen de dar un paso adiante.
Parabéns Sechu.
22/1/08
Como cada ano: o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Velaí temos de novo a semana do "Salón do libro infantil e xuvenil" de Pontevedra. Sempre hai cousas que ver, escoitar e ler... arredor dos libros, as lecturas, animación, teatro, música, espectáculos, contos, poesía, ilustracións, e que sei eu máis cousas. Este ano adícase ao MAR.
Hai que visitar este salón!
Vaixa o programa de espectáculos e actividades para nenos/as e maiores. Os docentes teñen opcións especiais.
Hai que visitar este salón!
Vaixa o programa de espectáculos e actividades para nenos/as e maiores. Os docentes teñen opcións especiais.
21/1/08
Unha pizarra dixital interactiva a 60€?
Participan nesta bitácora moitos dos mellores creadores de software e recursos educativos de Galicia. Pero aínda quedan outros moitos que procuraremos coñecer.
¿que vos parece este para empezar?
Jose Manuel Bouzán: mestre en Palmeira, no CEIP de Palmeira, un colexio punteiro en moitos ámbitos desde hai anos. Pois ben, a web do colexio de Palmeira (premiada no seu día co primeiro premio ás webs de centros) é un sitio cheo de magníficos recursos para o traballo docente. Nesta web, atoparedes - entre outras cousas - o museo virtual, o proxecto de medio ambiente, e por suposto, poderedes entrar na casa do "rato paco", onde atoparedes cadernos e actividades por áreas e etapas. Todo un mundo de recursos.
Os máis destes recursos están elaborados co programa ARDORA. Esta é unha aplicación creada por Bouzán e disponible e gratuíta na rede.
Semella suficiente, pois non é. Porque o amigo Bouzán aínda nos quixo sorprender un chisco máis. Agora, o equipo de novas tecnoloxías do cole artellou a montaxe de pizarras dixitais interactivas en todas as aulas do centro, en calquera soporte (paredes, pantallas de proxección, mesmo nunha mesa)... cun custo aproximado de ... 60€ cada unha!

13/1/08

Faltaba nesta bitácora un recuncho para as aportacións de todos/as vós. Pois ben, comezamos coa espléndida blogue de Román Landín. Segundo di Román, o seu proxecto aínda está verde. Pois ben, eu coido que de verde nada. Recoméndovos que lle deades unha ollada ao seu traballo. Creo que paga a pena.
Sexa como sexa, a partires de agora terá un lugar preferente neste cuaderno compartido. Teño para min que será de moito interese pasear pola súa páxina de cando en vez.
Velaí a dirección, e recordade: a partires de hoxe, no menú da dereita.
11/1/08
2008 ano das linguas

En maio do pasado ano (si, pasado xa, falo do 2007... como pasa o tempo!) a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou este 2008 "Ano internacional dos idiomas", disque para fomentar o multilingüismo, a unidade e a comprensión internacional.
Semella que este ano dedicarase ás linguas, e resulta interesante esta atención á diversidade xunguida ao concepto de unidade. En España, os gobernos de Galicia, Euskadi e Cataluña veñen de proclamar a súa intención de artellar maneiras de incrementar o plurilingüismo na sociedade española.
Non adoito conceder moita trascendencia a celebracións deste tipo "días de... anos de..." mais dareille unha oportunidade a este "ano das linguas" no mundo. Trátase dun documento moi necesario, xa que sabemos que de entre as máis de seis mil linguas existentes no mundo, unha porcentaxe que supera a metade delas está en serio perigo de desaparecer para sempre.
A lingua dun pobo vai vencellada á súa esencia dun xeito singular. Poucas características culturais son tan evocadoras do que somos como a nosa lingua. Cando unha lingua desaparece, esváese con ela toda unha historia, un pequeno mundo feito de xeracións de homes e mulleres e todo o seu peculiar modo de sentir e comunicarse.
A morte dunha lingua é un oco na Historia.
Por iso, o seu recoñecemento, o seu reclamo, son motivo de ledicia, e de ilusión.
¿non vos parece?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)