21/12/07
Premio para os nosos profes
Temos premio. Premio para algúns dos nosos relatores de "galego-on-line". En particular o relator Felo Couto e o ubicuo Antón Vicente. Levaron outro recoñecemento para a súa incribel tarefa de creación de recursos en galego.
Os premios para "Recursos educativos para a sociedade da información" saíron publicados no DOG do día 18 e inclúen varias modalidades e materiais moi intersantes. Entre eles está este premio para "Ferramentas de autor" polo proxecto "Xogamos?" que algúns de vós tivestes ocasión de coñecer nos cursos de galego.
Parabéns para Toño e Felo e tamén para nós por terlles coñecido e poder contar coa súa colaboración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Agora mesmo iba a poñer a noticia!!
Parabéns aos dous e tamén a Fran por este premio merecido.
Estou desexando "xogar"
bicos
Grazas pola miña banda. O premio foi dobre pois ademáis do recoñecemento ecoómico foi un verdadeiro pracer poder colaborar con Fran e Felo neste interesante e intensivo proxecto.
Cando o publique a Consellería poñerei un apartado especial no antonvicente.es, e a crear xogos para os nosos nenos!!!.
Estou desexosa de velo, bueno e de tomar unhas cañas para celebralo tamén eh (que de esta non te libras je je)
Felicidades de novo
Bicos
Publicar un comentario