Este vídeo pertence a unha campaña moi interesante. Na web da mesma tes máis información sobre os personaxes que nel falan. Son profesoras e profesores universitarios do ámbito científico e de universidades europeas e mesmo dos EEUU.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
O que me resulta especialmente suxestivo é a naturalidade e a tranquilidade que amosan as súas palabras. Para elas e para eles, que traballan no máis alto nivel científico, as linguas supoñen unha riqueza e un valor para quen as coñece. Nunca un problema.Unha fermosa lección!


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada