25/1/10
24/1/10
14/10/09
Galego para o profesorado en prácticas
Velaí estamos de novo. A piques de comezar os cursos de galego para o profesorado que está a realizar a súa fase de prácticas neste curso. Noraboa a todos e a todas.Desde esta bitácora, que naceu como ferramenta de apoio para estas actividades, seguiremos a incorporar todo canto nos parezca de interese en dúas liñas fundamentais:
- Facilitar o uso do galego no ensino (de todas as áreas e materias)
- Fornecer de recursos para o ensino en lingua galega (especialmente os recursos on-line)
Falaremos destes asuntos nas vindeiras semanas.
4/7/09
15/12/08
A escola das areas
Hoxe, namentras daba unha volta pola sempre sorprendente bitácora de SechuSende, topei esta curta que me pareceu que tiña que vos traer. Merece a pena a historia, o seu fondo e a súa forma.
Plastilina, lingua, Frei Martín Sarmiento e, de fondo, Pontevedra...
Fantástica. E hai moito máis neste: Cineclube do audiovisual galego "Flocos.tv"
Visítao!
26/11/08
Recursos para o galego
Un traballazo, e moi útil. Recoméndovos unha visita a este sitio.
Pola miña parte, deixarei a partires de xa, una ligazón a este lugar na barra da dereita. Toda unha honra, porque está reservada para o máis interesante.
Visitade esta web en http://www.recursosparaogalego.com ou premendo na imaxe superior.
18/11/08
Recursos para a atención ao alumnado inmigrante
Resulta que, por defecto, escollemos a lingua castelá como lingua primeira e, no caso do ámbito educativo, isto non é o máis adecuado. Ás veces por costume, non sempre a causa de prexuizos lingüísticos. Ás veces pode ser por unha sinxela cuestión de recursos.
Pois imos traballar para que isto non suceda. Velaí vai un! o dicionario visual interactivo!
Está moi ben.
Se coñeces máis recursos para a atención ao alumnado que non coñece o galego, coméntanolo que os publicamos de contado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
