
Topei na web de contidos este dicionario visual, moi intuitivo, agradable e sinxelo. Coido que podería ser unha ferramenta, un recurso para achegar á lingua a nenos e nenas que non a coñezan. Semella de moito interese ir preparando recursos para a atención lingüística do alumnado non galegófono "en galego".
Resulta que, por defecto, escollemos a lingua castelá como lingua primeira e, no caso do ámbito educativo, isto non é o máis adecuado. Ás veces por costume, non sempre a causa de prexuizos lingüísticos. Ás veces pode ser por unha sinxela cuestión de recursos.
Pois imos traballar para que isto non suceda. Velaí vai un!
o dicionario visual interactivo!Está moi ben.
Se coñeces máis recursos para a atención ao alumnado que non coñece o galego, coméntanolo que os publicamos de contado.